Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Henrique Monteagudo presenta no Café da Vila o libro “Carlos Casares. Un contador de historias”

RR_Noticias

Co gallo de conmemorar o día das Letras Galegas, o Servizo de Normalización Lingüística organiza unha conferencia sobre o autor homenaxeado nesta edición coa presentación do libro Carlos Casares. Un contador de historias da Editorial Galaxia e obra de Henrique Monteagudo . O propio día 17 ás 12:00 horas terá lugar o acto institucional na Alameda con presenza e participación de representantes de diferentes ámbitos da sociedade.

O acto de hoxe celebrarase no Café da Vila ás 19:30 horas e consistirá na presentación do libro “Carlos Casares. Un contador de historias” a cargo do seu autor, o profesor e actual secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo. No propio día das Letras Galega,s o mércores 17, celebrarase o tradicional acto institucional diante da estatua de Castelao na Alameda. Actividades que serven para dar visibilidade a unha data e un idioma que segundo revelan os datos sociolingúísticos atópase “nun proceso avanzado de substitución lingüística”. Explica o técnico de Normalización que a día de hoxe a situación en Redondela supón que o galego estea en situación de desvantaxe “mentres os maiores de 40/45 anos tenden a ser monolingües en galegos, os menores desa idade tenden a ser castelán falantes”.  

Xurxo Martínez Normalización LIngüística
Fala das actividades organizadas en torno á data do 17 de maio
Necesaria reinvindicación
O galego atópase nun preocupante proceso de substitución lingüística

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará