Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño de Ventosela falece por unha descarga eléctrica cando facía unha obra na súa casa

RR_Noticias

Un veciño de Redondela de 48 anos de idade faleceu onte de maneira accidental na súa casa ao sufrir unha forte descarga eléctrica cando realizaba unhas obras de reforma no interior da vivenda. O tráxico suceso produciuse onte pola tarde, sobre as 18.00 horas, cando o home traballaba no seu domicilio no barrio de Vilar do Mato, na parroquia de Ventosela.

A vítima, natural da Portela aínda que levaba ano residindo en San Martiño, realizaba traballos de reforma con cemento e auga no chan e, por razóns que se descoñecen, sufriu unha descarga eléctrica que lle produciu unha parada cardiorespiratoria.
Ata o lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada e axentes da Policía Nacional, aínda que non se puido facer nada por salvarlle a vida.
O falecido, Andrés C.B., de 48 anos, estaba casado e tiña dous fillos e era propietario da empresa Mariscos Ayra, dedicada á comercialización e distribución de moluscos e bivalvos. O funeral da vítima será hoxe xoves, ao sete da tarde, na igrexa parroquial de San Martín de Ventosela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará