Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nuria Rodríguez: “Tráfico levaba dous anos sen aparecer, é moita coincidencia que o faga agora”

RR_Noticias

A presidenta da ANPA do Colexio Outeiro das Penas coincide co BNG á hora de valorar a campaña de tráfico que se saldaba o pasado luns cunha ducia de multas a pais e nais que se achegaron a primeira hora da mañá a deixar aos seus nenos no centro educativo. Dubida que a actuación dos axentes responda a unha cuestión de seguridade “é moita coincidencia que fagamos unha protesta o xoves reclamando melloras na seguridade vial e a policía apareza o luns ás nove da mañá cando levaba máis de dous anos sen pasar por aquí”.

Os feitos producíronse na mañá do pasado luns, cando a Garda Civil multaba a unha ducia de vehículos mal estacionados no acceso ao colexio Outeiro das Penas na hora de entrada dos rapaces. O BNG denuncia este feito como un acto de represalia pola xuntanza mantida por representantes veciñais con Luis Bará para reclamar melloras na seguridade vial neste punto da N-550. Unha opinión que comparte a presidenta da ANPA, Nuria Rodríguez quen explica que a última vez que se achegaron axentes de tráfico a este colexio foi hai xa dous anos e “sempre nos aseguraron que non sancionarían a aqueles vehículos que pararan dez minutos para deixar aos nenos no colexio, conscientes da dificultade que presenta este centro en canto a prazas de aparcamento”. Insiste Rodríguez en que dende a Asociación que preside continuarán reclamando que se mellore a seguridade vial e que, dependendo da resposta que reciba a iniciativa parlamentar do BNG sobre a construción de beirarrúas e adopción de medidas para a redución das velocidades nese tramo da N-550, non descartan adoptar outro tipo de mobilizacións. Dende o BNG amosaron a súa solidariedade coa veciñanza de Cesantes que, segundo din “foi represaliada pola Garda Civil”, e reafirman o seu apoio ás súas xustas demandas para a mellora da seguridade viaria en Cesantes.  

Nuria Rodríguez presidenta ANPA Outeiro das Penas
Conta o acontecido na mañá do pasado luns
Acto sospeitoso
Non lle cadra que a policía aparecera despois de dous anos e xusto cando acaban de facer un acto reivindicativo
Confían nunha resposta as súas demandas
Están a espera de coñecer que lle responde o parlamento ás peticións de maior seguridade vial que trasladará o nacionalista Luis Bará

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará