Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha pancarta no Pavillón da Marisma reivindica os valores do deporte base

RR_Noticias

Os últimos episodios de violencia no deporte base, con imaxes vergoñentas nas que os país dos xogadores enfróntanse fisicamente ante os seus fillos, están afastadas do que deben ser os partidos nas categorías inferiores, onde competitividade e marcador non deberían ser prioritarios e si a formación e valores como a amizade e o esforzo. Así  o entende a Concellería de Deportes de Redondela quen colocou unha pancarta que preside o acceso á bancada no pavillón novo da Marisma que quere ser un chamamento a cordura.

Formo parte dun equipo, xogamos todos, sempre o farei o mellor que poida, respecta ao equipo contrario, aplaude o noso esforzo, ri e divírtete véndome xogar, se berras que só sexa para animarnos… frases todas elas que queren ser unha chamada de atención ante eses pais e nais que moitas veces acoden ao campo e acaban desfogándose co rival ou co árbitro. Unha pancarta que no novo pavillón da Marisma lembra que a competitividade ou o marcador non son prioritarios nas categorías base nas que se busca fomentar os valores do deporte como elemento socializador.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará