Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de xogos e actividades para nenos no Viso

RR_Noticias

A agrupación xuvenil Pequenos Xigantes organiza este sábado día 29 a II edición da Kids Party,  unha xornada de xogos orientada a cativos de entre 2 a 6 anos que se vai celebrar na antiga escola de Tuimil na Casa da Cultura do Viso. As actividades arrancarán ás 17:00 horas e inclúen contacontos, pintacaras, obradoiros variados e moitos xogos para os máis pequenos.

A Kids Party quere ser un punto de encontro socializador para os nenos dos pobos de Redondela e Soutomaior. O evento celébrase dende xaneiro deste ano na Sociedade Cultural do Viso (Antiga Escola de Tuimil), é completamente de balde e autoxestionado por voluntarios con ganas de dinamizar a zona.
Nesta edición teremos un contacontos especial, pois será con dúas mozas novas que por quendas irán contándolles as súas historias aos pequenos, celebraranse tamén os tradicionais pintacaras e xogos variados.
A prazas son limitadas a un máximo de 15 nenos e as inscricións deben facerse vía whatsapp polo 622 60 82 78.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará