Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música de cine para inaugurar o festival Redondela en Curto

RR_Noticias

O polifacético Tatán acompañado ao piano polo músico Alberto Vilas, será o encargado de poñer a banda sonora a un festival que arranca este xoves ás 21:00 horas con 16 películas que optan aos premios de público e xurado. Entre as favoritas “17 años juntos”, “Sputnik”, “Travelling man”, “Baraka” e como non as dúas curtametraxes galegas “Einstein-Rosen” e “Lurna”.

Redondela convértese por decimo terceiro ano na capital do cine en pequeno formato coa celebración do festival nacional de curtametraxes, que malia arrancar o pasado luns coas proxeccións escolares non será ata este xoves cando abra as súas portas ao público en xeral. O acto inaugural contará coa música de Tatán e Alberto Vilas quen interpretarán a ritmo de jazz algunhas das grandes bandas sonoras da historia. A continuación serán os actores Isabel Naveira, Miguel Blanco e Lucía Regueiro quen protagonicen unha pequena charla en torno ao traballo de actor para dar paso xa a proxección do primeiro bloque de curtas. Como mestre de cerimonias estará o tamén actor Miguel Borines. Dende o xoves e ata o domingo o público terá a posibilidade de achegarse en diferentes horarios a esas 16 películas a concurso. Curtas que queren abarcar todo tipo de xéneros e gustos e entre as que se atopan as galegas “Einstein-Rosen” de Olga Osorio, unha curta que nos sitúa no verán do 82. Teo asegura ter atopado un burato de verme. O seu irmán non o cre.  E “Lurna” de Nani Matos, onde senos fala dunha moza africana que emprenderá unha viaxe coa esperanza de atopar unha vida mellor. Unhas curtas que compiten cos mellores traballos presentados a esta edición, ao redor de 500 cintas, entre as que “é difícil apostar por unha”. Miguel Borines fai a súa propia quiniela e nos deixa catro posibles gañadoras. “17 años juntos”. Unha comedia baixo a dirección de Javier Fresser. Unha historia de amor que comezou hai 17 anos e despois de pasar fáciles, difíciles, bos e menos bos tempos, segue tan viva como o primeiro día. “Sputnik”. Unha curta de ciencia ficción de Vicente Bonet. Nikolay é un cosmonauta ruso que se vonverte no primeiro ser humano en saír ao espazo, pero hai un fallo técnico impediralle voltar con vida. O thriller “Travelling Man” de Pablo de Aramburu. Louis fuxe da relación con Amber en busca da súa nova presa de Tinder, Jennifer. Esta vez só poderá chegar ata ela en Uber con Peter ao volante. O drama “Daraka”. Dirección, Néstor Ruiz Medina. Nos meses que antecederon á guerra de Iraq, dous irmáns que están moi unidos, serán obrigados a separarse. Meses máis tarde se reencontran, pero xa ningún dos dous é o mesmo. Haberá que esperar ao domingo para coñecer tanto a preferida polo público como a elixida polo xurado. Antes, catro xornadas de moito cine no Multiúsos da Xunqueira  cun programa que inclúe tamén as seccións curtísimas, a sección cine galego e os premios Andaina.  

Miguel Borines Redondela en curto
Unha inauguración con música a cargo de Tatán e Alberto Vilas
Curtas galegas
Dúas compiten na sección oficial
Catro favoritas
Todos os xéneros están presentes na quiniela de MIguel Borines

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará