Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta en Chapela en medio dunha mediación que non logra achegar posturas en Pescanova

RR_Noticias

Un total de 29 colectivos sociais, os grupos políticos con presenza na corporación e as centrais sindicais CIG, UXT, CUT e USO convocan este venres en Chapela unha manifestación que baixo o lema “Pescanova somos todos” partirá ás 20:00 horas dende a zona das Catro Pontes con remate na factoría de Pescanova. Unha protesta que se produce en medio dunha mediación que non logra achegar posturas entre a dirección de Nueva Pescanova e os sindicatos de cara a asinar o novo convenio colectivo.

Tanto a empresa como as organizacións sindicais presentaron unha proposta o pasado 11 de abril ante inspección de traballo. Con todo, o mediador no conflito José María Casas de Ron asegura que as posturas están tan afastadas que en base aos documentos presentados non hai posibilidade de acordo. Ante esta situación solicitou ás partes que presenten o vindeiro luns día 26 unha nova proposta “nun último intento”. Para hoxe está convocada unha manifestación que partirá ás 20:00 horas dende as Catro Pontes. O obxecto da protesta, convocada por colectivos sociais e veciñais, partidos políticos e centrais sindicais, é amosar o apoio social e veciñal ás demandas dos traballadores que dende hai máis dun ano están a negociar un convenio “xusto” afastado das propostas da empresa que contemplan a rebaixa de entre un 30 e un 40% nos salarios das novas incorporacións e unha flexibilidade nos horarios que “non é admisible” segundo os sindicatos.  

Guillermo Fontán Chapela
Mobilizarse para lograr melloras laborais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará