Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Condenados polo aeroporto

RR_Noticias

Os veciños do barrio de Millarada viven condicionados polo aeroporto de Peinador. Sofren a diario os ruídos e vibracións que provocan os avións, e teñen as súas propiedades afectadas por AENA. En Redondela 160 casas foron incluídas no plan de insonorización do ente aeroportuario, pero moitas delas aínda esperan unha solución.

AENA comprometeuse a cambiar as fiestras nas vivendas afectadas para instalar outras máis eficaces que reduzan o ruído. Foi en 2010. Pero anos despois a maioría aínda non teñen noticias de que se vaian acometer estas obras de mellora nas súas vivendas. A Estrella os ruídos mesmo lle van “tremer” a casa, e aínda está a espera de que os técnicos lle fagan as medicións para cambiar as fiestras. Na mesma situación está Nieves, que xa cambiou algunhas fiestras pola súa conta “pare reducir os ruídos”. Tampouco a Patricia lle realizaron aínda as medións. Ela é afectada dobremente, xa que non só a súa vivenda, senón tamén o seu negocio, están á beira do aeroporto. A vivenda de Manuel está xusto debaixo da zona por onde entran os avións para aterrar en Peinador. Está farto de esperar por ese plan de insonorización anunciado por AENA, e teme que a súa vivenda “non se beneficie das melloras”. A súa muller, Josefa, manifesta tamén o seu malestar, porque malia os prexuízos que lle causa o aeroporto, son eles os que deben cambiar os cristais “cada vez que rompen polas vibracións”. Porque o problema destes veciños do barrrio de Millarada non é só o ruído, senón tamén as vibracións, malia que AENA nega que existan, a moitos dos veciños provócanlle fendas nas vivendas. Os veciños tampouco poden recurrir ao seu seguro da vivenda, porque non cubren estes danos. As aseguradoras non queren emprender unha loita de “David contra Goliat”, xa que AENA nega que o paso dos avións produza vibracións. Outros prexuizos para os que viven pegados ao aeroporto é a falta de limpeza, a maleza e mesmo a vertedura de carburante “cun cheiro insoportable a queroseno”. A todo isto únese a imposibilidade de poder facer obras de mellora nas vivendas, porque están “afectadas por AENA”. Non poden facer modificacións no tellado, nin sequera facer “un churrasqueiro ou unha caseta para o can”. A Nieves tamén lle negaron o permiso para facer unha zona cuberta “onde gardar os coches”. Algúns veciños preferirían que AENA lles expropiase a vivenda “a prezo de mercado” para poder refacer a súa vida noutro lugar. Outros, sobre todo os de idade máis avanzada, rexeitan abandonar a súa vivenda. Estrella confórmase con que lle cambien as fiestras por outras “que reduzan máis o ruído”. Os Orzamentos Xerais do Estado para este ano AENA conta cunha partida de 970.000 euros para o aeroporto de Vigo, e 2,9 millóns para os tres anos seguintes seguintes. Aena chegou a recoñecer como afectadas 504 vivendas nas que se rexistraban máis de 60 decibelios durante as operacións dos avións sobre Peinador. Pero desde a posta en marcha do plan no 2012, só foron insonorizadas 88 e outras 24 están coas obras de illamento en execución. A maioría das vivendas afectadas están en Mos, un total de 343, outras 160 en Redondela e unha pertence a Vigo.  

Pendentes de expropiación
As casas que serían expropiadas co plan de ampliación do aeroporto descoñecen cal será o seu futuro.
Estrella: Hai ruído e vibracións
A esta veciña de Millarada o paso dos avións faille tremer a casa e provoca fendas nas paredes e cristais.
Manuel: Á espera do plan de insonorización
Despois de tantos anos teme que a súa vivenda non se beneficie do plan de insonorización de AENA.
Fortes vibracións
Malia que AENA o nega o paso dos avións provoca vibracións nas vivendas próximas a Peinador.
Josefa: Os afectados deben correr cos gastos
Denuncia que son os propios veciños os que deben pagar os cristais que rompen polo paso dos avións.
Nieves: As propiedades están afectadas
O plan de ampliación do aeroporto impídelles facer obras de mellora nas súas propiedades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará