Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela sae a rúa co lema “Pescanova somos todos” en apoio aos traballadores da pesqueira

RR_Noticias

Un total de 29 colectivos sociais, os grupos políticos con presenza na corporación e as centrais sindicais CIG, UXT, CUT e USO convocan este venres en Chapela unha manifestación que baixo o lema “Pescanova somos todos” partirá ás 20:00 horas dende a zona das Catro Pontes con remate na factoría de Pescanova. O obxecto da protesta é amosar o apoio social e veciñal ás demandas dos traballadores que dende hai máis dun ano están a negociar un convenio “xusto” afastado das propostas da empresa que contemplan a rebaixa de entre un 30 e un 40% nos salarios das novas incorporacións e unha flexibilidade nos horarios que “non é admisible” segundo os sindicatos.

“Isto é un conflito de alcance social e humano importante que require da implicación política e veciñal” así o explicaba en nome da Asociación de Veciños de Chapela Guillermo Fontán na convocatoria conxunta que colectivos, políticos, sindicatos e traballadores facían na mañá hoxe no Concello de Redondela. O obxectivo é animar a toda a cidadanía a se mobilizar o vindeiro venres para reclamar un convenio xusto para os traballadores de Pescanova xa que as pretensións da empresa “son dunha enorme inxustiza contra a clase traballadora, sobre todo, cando estamos a falar dun sector con perspectivas de crecemento, malia o cal se escudan na escusa da crise para empeorar as condicións laborais dos traballadores, que ven ameazado o seu futuro dun xeito inxusto e arbitrario”. Dende Modepen, Movemento Galego pola defensa do sistema público de Pensións,Gonzalo Balo criticaba tamén o inmobilismo da empresa na negociación e que se queira “cargar a crise provocada polos antigos directivos da empresa e trasladar aos traballadores con medidas que pasan por rebaixar os salarios e unha inconcreción nos horarios que imposibilita a conciliación”. Unha manifestación que se produce en medio da negociación que sindicatos e empresa manteñen coa mediación da Inspección de  Traballo. De feito, as centrais sindicais están a espera de que nos vindeiros días a mediación laboral lles dea unha resposta ás peticións recentemente presentadas e das que se descoñecen os datos concretos “porque a confidencialidade na oferta é unha das condicións impostas pola mediación” segundo explicou Suso García da CIG. Confían en que antes de rematar o mes se produza alguna novidade “a situación actual non se pode prolongar máis, paralizamos as protestas coa condición de que se avanzara na negociación”.  

Guillermo Fontán AVV Chapela
Unha agresión inxusta e arbitraria
Agresión contra toda Redondela
Impacto entre os traballadores en Chapela e en xeral en todo o concello
Gonzalo Balo Modepen
Queren que os traballadores paguen a crise causada pola antiga directiva
Suso García CIG
Os sindicatos explican cales son os puntos pendentes de acordo
Prazos e mobilizacións
Confían en ter unha resposta antes de rematar o mes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará