Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lérez e Choco, os mellores en Santa Mariña

RR_Noticias

O club organizador gañou a categoría benxamín no torneo de Semana Santa que se disputaba nos pasados días festivos, o de Pontevedra fíxose coa categoría alevín e a Moañesa foi a mellor en prebenxamín nun torneo con gran afluencia de público, chegando a congregarse o venres máis de mil persoas para seguir os encontros. Participaron no toreno un tota de 300 xogadores.

O torneo de Semana Santa do Choco rematou o sábado coa disputa da categoría alevín e deixou un cadro de honra no que ningunha das entidades repetiu título. O evento estivo marcado pola gran afluencia de público á instalación de Redondela, especialmente na xornada do venres con máis dun milleiro de afeccionados para seguir as evolucións dos máis cativos do evento.
Ningunha das entidades participantes logrou repetir título, pero estiveron cerca de facelo o Lérez e o Choco, que disputaron dúas finais. O club de Pontevedra foi o mellor na categoría alevín, na que superou no partido definitivo ó Choco A (2-0). Completou o podio o Santiago ó gañar a final de consolación ó Porriño (1-2).
Na idade benxamín chegou a vitoria local cun Choco que superou na final de xeito claro ó Perspectiva en Jogo luso (5-1). O equipo de Viana do Castelo, único representante portugués no torneo, realizou un gran papel para ser segundo. Na terceira praza rematou o Val Miñor ó derrotar ó Santiago (2-3).
Os cativos da idade prebenxamín deixaron un torneo cun numeroso público. Como é habitual nestes eventos, é a categoría con maior expectación e así quedou reflectido en Santa Mariña. O cadro de honra encabezouno a Moañesa, que superou na final o Lérez (1-3). O club de Pontevedra amosaba de novo o seu coidado da canteira. Na terceira praza rematou o Coruxo tras superar na quenda de penaltis ó Santiago. O final do partido o resultado foi de 2-1.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará