Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Artelixo con obradoiros na Alameda e na praia de Cesantes

RR_Noticias

As obras de arte elaboradas con material de refugallo estarán expostas nas rúas e prazas de Redondela a partir do vindeiro domingo día 16 ata o 22 de abril. Con todo, a programación arranca xa o sábado cun obradoiro que se desenvolverá na Alameda entre as 17:00 e as 19:00 horas. O domingo a cita será na praia de Cesantes coa proposta Crebeirar.te, outro obradoiro impartido por Carmen Hermo tamén orientado a público familiar e que precisa de inscrición previa no enderezo artelixoredondela@gmail.com.

Este ano o Artelixo adiantou a este mes de abril a súa celebración coa intención de animar á participación de rapaces e rapazas dos colexios e institutos. Unha convocatoria aberta tamén a escultores, pintores, músicos ou público en xeral cuxas obras poderemos ver expostas no casco urbano de Redondela xa a partir do vindeiro domingo. Durante toda a semana poderemos achegarnos a esas esculturas elaboradas con material de refugallo e participar das actividades incluídas nun programa que ademais dos obradoiros orientados aos máis pequenos que se desenvolverán na Alameda os sábados 15 e 22, inclúen tamén unha actividade na Praia de Cesantes na mañá do domingo. Un certame que inclúe tamén propostas xa habituais como o “Sonalixo”  con actuacións musicais ou o recital poético “parnalixo”. Como novidades desta edición atopamos un certame audiovisual lixento no que poderán participar vídeos en  Mp4 cunha duración máxima de 3 minutos e a Fotolixo, unha exposición que encherá tamén as rúas de Redondela de imaxes nas que reflexionar sobre o lixo, o seu tratamento, a súa reciclaxe ou calquera outra fotografía en torno ao lixo.  

Olga Nogueira Artelixo 2017
Obradoiros para nenos e público familiar na Alameda e na praia da Punta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará