Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha charla analiza en Redondela a ameaza e control da avespa asiática

RR_Noticias

O delegado da Asociación Galega de Apicultura (AGA), José Ramón Suárez, participa este venres dunha charla organizada pola Federación de Asociación de veciños de Redondela que busca trasladar á cidadanía a ameaza que a proliferación desta especie invasora está a supoñer no noso territorio. Os asistentes a este coloquio, que se desenvolverá ás 20:00 horas no Multiúsos aprenderán tamén a elaborar unha trampa caseira para tentar atrapar estas avespas.

Cada vez son máis os veciños que alertan da existencia de exemplares e niños de avespa asiática no noso concello. Unha situación que se repite por toda Galicia e que ten especialmente alarmados aos apicultores, que ven como diminúe a abella autóctona. A situación empeora ano tras ano xa que se trata “dunha especie chegada de fóra que no nosos territorio non ten ningún depredador natural” explica Suárez, quen asegura que cada vez son máis os niños detectados en lugares insospeitados. Por ese motivo animan aos veciños a elaborar trampas caseiras destinadas a capturas ás raíñas “único xeito de controlar a súa expansión”. Esta é a mellor época para colocar estas trampas “porque é durante o mes de abril e ata mediados de maio cando as raíñas saen a procura de nectar”. O mellor xeito de atrapalas é colocar unha trampa caseira elaborada a partir de dúas botellas de auga nas que se introduce unha mestura de viño, cervexa, zume de arandos e azucre”. Unha mestura que segundo explica o apicultor ao contar con alcol non atraerá ás abellas pero si ás avespas asiáticas.  

José Ramón Suárez Asociación Galega de Apicultura AGA
Unha especie foránea sen depredadores en Galicia
Trampas caseiras
Na charla aprenderáselles aos asistentes a elaborar trampas con material que temos por casa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará