Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación do libro “Non des a esquecemento” de Luís Bará

RR_Noticias

A obra presta especial atención á represión na área de Vigo e arredor da illa de San Simón. O acto terá lugar na Casa da Cultura o xoves 6 ás 20:30 horas e ademais do autor intervirán Andrés Couñago Laxe, Olga Nogueira e Manuel Puga Pereira. O libro recolle episodios da represión en Vilaboa, concello natal de Luís Bará; relatos de mulleres represaliadas; una crónica “Fragmentaria” do terror vivido en San Simón ; unha homenaxe ás  casas refuxio que acolleron persoas fuxidas; xunto con outras historias acontecidas en terras de Pontevedra, o Morrazo, Vigo ou o Salnés

O libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Relatos do xenocidio fascista en Galicia, da resistencia e da solidariedade que segundo afirma Bará son “a resposta a unha necesidade vital: a procura da verdade e da xustiza arredor das vítima da represión franquista en Galicia, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará