O roubo tivo lugar entre as 16:00 e as 20:00 horas do domingo nas inmediacións do Restaurantes Casas na estrada entre O Viso e Arcade. Os ladróns forzaron o vehículo e leváronse varias pertenzas que había no interior, entres elas dez camisetas idénticas ás que vistes os xogadores e equipación de neno que ía ser para unha doazón. Dende o club fan un chamamento a calquera persoas que poida achegar algún dato que serva para identificar aos autores do roubo.
Os feitos tiveron lugar na tarde do domingo mentres o Cesantes estaba a disputar un partido co Cotobade. O presidente do equipo, Manu Costas deixaba o seu vehículo estacionado fronte ao restaurante Casas no Viso e ao longo da tarde os ladróns aproveitaron para forzar o turismo e levarse o material deportivo que había no seu interior.