Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Consternación no PSOE pola repentina morte do ex concelleiro Emilio González

RR_Noticias

A Agrupación Socialista de Redondela lamenta a repentina morte do seu compañeiro “un pasamento que sumiu a toda a militancia nunha fonda tristeza” e trasladan a súa muller Alba e aos seus fillos, Oscar e Paula, o seu total apoio nestes momentos tan difíciles. Emilio González falecía na mañá de hoxe logo de sufrir unha aneurisma na aorta. O funeral será o martes ás 17:30 horas na capela do tanatorio Vigo Memorial e a continuación os restos mortais do político serán incinerados.
 

Emilio González comezou a súa carreira política no ano 1979 (primeiras eleccións locais democráticas), sendo elexido concelleiro polo PsdeG-PSOE no Concello de Redondela ata o ano 2011, data na que decide abandonar a primeira liña política. Durante o mandato do alcalde Xaime Rei Barreiro, exerceu de voceiro do grupo de goberno, ademáis de asumir as competencias das concellerias de Facenda local e Urbanísmo. Máis de trinta anos nos que “foi sempre fiel aos seus valores socialistas que practicou en todos aqueles postos polos que pasou ao longo da súa ampla andaina política” segundo salientan os seus compañeiros de partido.Desde 1983 ata o ano 2010 foi deputado provincial polo grupo socialista, exercendo de voceiro nos últimos mandatos. Nas súas responsabilidades de partido, foi Secretario Local da Agrupación de Redondela.Desde a Agrupación Local “queremos achegarlle a nosas máis sinceras condolencias a súa muller, Alba e aos seus fillos, Oscar e Paula, así como a todos os familiares e amigos, expresándolle o noso total apoio nestes momentos tan difíciles”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará