Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres medallas para o remo redondelán na Bandeira do Porvir de Bateis onde arrasou Vilaxoán

RR_Noticias

Os arousáns arrasaron na IX Bandeira do Porvir Memorial Obdulio Igrexas “Odilo” de Bateis, aue organizou o Club de Remo Chapela. O Club de Remo Vilaxoán proclamouse campión absoluto con 81 puntos, seguido moi de lonxe por Mecos e Tirán, ambos con 53 puntos. Chapela fíxose con dúas medallas en categorías femininas e Cesantes cunha na xuvenil masculina.

IX Bandeira do Porvir Memorial Obdulio Iglesias “Odilo” de Bateis
Xornada de sol e grna ambiente en Chapela, nunha Bandeira na que participaron un total de 75 embarcacións. A superioridade dos de Vilaxoán foi total, tanto nas categorías femininas como masculinas. Foi o vencedor en xuvenil feminino en apertada loita con Tirán con só dous segundos por diante; en infantil masculino con ampla superiodidad sobre Bueu e Mecos e en cadete masculino por diante de Samertolaméu. Notable tamén a actuación dos atletas do Club Remo Vila de Cangas, vencedores en dúas probas, alevín feminino e promesa feminino, etamén Mecos do Grove vencedor nas dúas probas maiores, absoluto feminino e sénior masculino. Os equipos de Redondela fixéronse con tres medallas. O C.R. Chapela co bronce en xuvenil e absoluto feminino e o C.D.C. Cesantes co bronce en xuvenil masculino.
Resultados: Alevin feminino: 1.- Vila Cangas, 3.04:20; Samertolaméu-mixto, 3.18:28 (non puntúa); 2.- Vilaxoán, 3.38:26; 3.- Tirán, 4.04:11.- Promesa feminino: 1.- Vila Cangas, 5.02:58; 2.- Tirán, 5.03:54; 3.- Vilaxoán, 5.06:31.- Xuvenil feminino: 1.- Vilaxoán, 10.07:61; 2.- Tirán, 10.09:79; 3.- Chapela, 10.27:90.- Absoluto feminino: 1.- Mecos, 9.48:59; 2.- Samertolaméu, 9.51:71; 3.- Chapela, 10.00:31.- Alevín masculino: 1.- Virxe Guía, 3.03:80; 2.- Amegrove, 3.04:79; 3.- Vila Cangas, 3.10:51.- Infantil masculino: 1.- Vilaxoán, 4.39:41; 2.- Bueu, 4.54:86; 3.- Mecos, 4.58:84.- Cadete masculino: 1.- Vilaxoán, 7.04:38; 2.- Samertolaméu, 7.05:30; 3.- Mecos, 7.13:72.- Xuvenil masculino: 1.- Bueu, 9.15:55; 2.- Vilaxoán, 9.16:54; 3.- Cesantes, 9.34:61.- Senior masculino: 1.- Mecos, 8.50:51; 2.- Tirán, 8.51:41; 3.- Samertolaméu, 9.00:92.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará