Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco avanza un chanzo máis

RR_Noticias

Gran paso do Choco para conseguir a permanencia na Terceira División logo da vitoria pola mínima ante o Castro en Santa Mariña. Na Terceira Rexional Chapela e Cesantes tropezan na súa pelexa polo ascenso cun empate e unha derrota, respectivamente.

Terceira División

Choco 1-0 Castro
Paso de xigante para o Choco de cara á permanencia. Fíxoo en Santa Mariña ante o Castro, un rival directo pola salvación, e cun único gol de Diego Silva. O equipo redondelán sumou así a súa segunda vitoria consecutiva, e escala ata a 12ª praza da táboa con 43 puntos, moi afastado xa da zona de descenso. Os de Marcos Montes fixeron un partido serio, cunha defensa moi eficaz coa que deixaron a portaría a cero. O encontro resolveuse no minuto 22, cando Silva culminou unha xogada local co 1-0. O Castro, coa presión da necesidade por sumar puntos, pelexou polo empate pero atopouse cun muro na portaría de Cortegoso. Con esta optimista situación o Choco visitará na próxima xornada o campo das Pontes, outro rival que se atopa na zona de descenso.
Choco: Cortegoso, Gonzalo (Molinos, min.78), Lucas, Gándara, Javi González, Juan Feijóo, Gabi Misa, Rober (Marcos Pérez, min.66), Comis, Félix Rial (Caloi, min.72) y Silva.
Castro: Cedrón, Lamas (Hugo, min.65). Diego Prdeiro, Jesús González, Javi Pérez, Martín Lis (Adrián Iglesias, min.77), Jaime, Omar, Vicente, Castro e Iván González.
Gol: 1-0, min.22: Silva.
Segunda Autonómica

Nigrán 1-1 Choco B
Eloy adiantou ao filial do Choco e Gameiro empatou para o Nigrán nun econtro con dominio repartido. Desde a terceira praza, o próximo domingo reciben ao Tebra, que é sexto.
Arcade 3-2 Deiro
Moitos goles no Salgueirón con triunfo para os de Soutomaior, para o que anotaron Antolín, Fabián e Rubén. Na metade baixa da táboa, visitarán o campo de A Lama, 7º do grupo.
Terceira Autonómica

Casablanca 2-0 Peña Beretes
O Peña Beretes segue afundido na táboa e o domingo recibirán ao Nespereira, que é 10º.
Vincios 2-0 Atl. Vilar
Os redondeláns non puideron co líder, e afúndense na parte baixa da clasificación. O domingo reciben ao Casablanca, que os adianta en dous puntos.
Chapela 1-1 Pereiró
O Chapela non pasou do empate no duelo ante o Pereiró, o que lle complica a pelexa polo ascenso. O domingo haberá varios duelos entre rivais directos na cabeza da táboa. O Chapela xoga en Teis, cos vigueses un punto por riba.
Cotobade 5-2 Cesantes
Gran sorpresa en Cotobade coa vitoria do equipo local sobre os de Jonathan Álvarez, que chegaban ao partido en postos de ascenso directo a Segunda Autonómica. Dani en catro ocasións, e Brais marcaron os goles locais, que xa chegaron ao descanso cun marcador favorable de 3-0. Complicanselle as cousas ao Cesantes, que agora é terceiro. E o domingo recibe ao líder, o Salcedo, con seis puntos máis que os redondeláns. Para esta reta final da liga, na que teñen o ascenso en xogo, o club puxo en marcha nas redes sociais a campaña “#OAsalto” para incentivar a asistencia ó campo, de forma gratuita, e a afección está a responder e xeito moi positivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará