Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela afástase do ascenso e a SAR Plastic Omnium achégase á permanencia

RR_Noticias

Cara e cruz para o balonmán local. A derrota do Chapela ante o Lalín complica as aspiracións dos de Fran Teixeira de cara á fase de ascenso. Mentres a vitoria da SAR ante o Seis do Nadal deixa aos de Carlos Rey ás portas da salvación. No derbi do balonmán feminino o triunfo foi para a SAR Rodavigo, que demostroue estar máis en forma que o Cíes Chapela.

Primeira Nacional
Chapela 19-27 Lalín
Ao Rodosa Chapela escápanlle as opcións de pelexar pola fase de ascenso logo da derrota ante dos rivais directos para entrar no sector. Dúas exclusións puxeron fin ao gran encontro que estaban a disputar os de Fran Teixeira. O marcador reflectía un 7-7 e o Embutidos Lalinenese aproveitou a superioridade numérica para facer un parcial de 0-5 en tres minutos, unha vantaxe que fixo que os xogadores do Chapela baixaran os brazos, e acabaran derrotados. A próxima fin de semana xogan na pista do Octavio, afundido no pozo da táboa.
SAR Plastic Omnium 27-24 Seis do Nadal
Os de Carlos Rey conseguiron unha importante vitoria ante o Magope Seis do Nadal, que os deixa a tan só un punto da salvación cando faltan catro partidos para o final da liga. Os vigueses foron por diante no marcador ata o minuto 45, pero a SAR tirou de raza nos últimos 15 minutos e déronlle a volta ao marcador. A próxima xornada xogan na pista do Luceros, da metade da táboa.
Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 32-24 Cíes Chapela
As de Lisardo Covelo “Chini” fixéronse con derbi, practicando un xogo moi superior ás de Chapela. A SAR demostrou os motivos polos que está na parte alta da táboa, mentres o Cíes Chapela segue afundido no pozo da clasificación como pechacancelas do grupo cando restan dúas xornadas de liga. Na próxima fin de semana a SAR desprázase a Oviedo par medirse ao líder mentres que o Chapela recibe ao Seis do Nadal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará