Hoxe é Domingo 25 de Setembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela é puro teatro

RR_Noticias

Intenso fin de semana con tres propostas teatrais no Multiúsos da Xunqueira. Hoxe venres ás 18:00 horas chega ao auditorio da man de Normalización Linguística a adaptación teatral da obra “A galiña Azul” de Carlos Casares. O sábado a proposta está orientada ao público adulto coa compañía La casa del teatro e a adaptación de La casa de Bernarda Alba. Pecha a fin de semana o grupo Redrum Teatro con “A nena que quería navegar”, teatro familiar contra o acoso escolar.

A Galiña azul
Esta peza, adaptada por Abu teatro, representarase o venres ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde. Unha actividade da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Servizo de Normalización que ademais de promover a lingua entre o público familiar, constitúe tamén unha homenaxe a Carlos Casares, autor da obra e a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
A galiña azul contén cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, a compañía responsable da adaptación, Ubú Teatro, emprega diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown.
 
A Casa de Bernarda Alba
O grupo “La casa del teatro” representa este sábado no Multiusos da Xunqueira ás 20:30 horas a obra de Federico García Lorca, La Casa de Bernarda Alba. Un grupo de teatro afeccionado e sen ánimo de lucro formado por 11 actrices baixo a dirección de Alejandra Abreu. A representación consta de tres actos e durará hora e media.
 
A nena que quería navegar
A compañía Redrum Teatro ofrece un espectáculo para previr o acoso escolar través da historia dunha nena que farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola. Unha aventura que a través da música en directo, o traballo actoral e o teatro de monicreques busca reforzar a autoestima dos máis pequenos e achegar ferramentas a todos os que dalgún xeito convivan co “bullying”. Unha obra para todos os públicos que se poderá ver o domingo no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas.
O espectáculo pretende, a través de técnicas de reforzo positivo, mellorar a autoestima dos máis pequenos. Así o explica o director da obra, Alex Sampayo, quen insiste en que malia o sensible do asunto a tratar, a obra faino sen centrarse nas consecuencias e si nas ferrramentas que os rapaces necesitan para para previr ese acoso.
Un espectáculo protagonizado por Laura Míguez e Guillermo Carbajo, no que se mesturan varias disciplinas artísticas como o teatro de monicreques, o de obxectos, as proxeccións e a música en directo. Recomendado para rapaces e rapazas de seis a doce anos Sampayo asegura que tamén poden gozar da representación nenos menores desa idade.
A obra poderase ver o domingo ás 18:00 horas e as entradas teñan un custe de 5€ e 3€ a tarifa reducida.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará