Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo de inscrición no programa de conciliación Semana Santa

RR_Noticias

As actividades desenvolveranse nas parroquias de Chapela, Negros, Ventosela, Vilar e Redondela os días 10, 11, 12 e 17 de abril entre as 9:00 e as 14:00 horas e están orientadas a rapaces que teñan entre 4 e 14 anos de idade.  As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello antes do xoves 6 de abril. En total ofértanse 105 prazas.

As actividades que organiza a Concellería da Muller desenvolveranse durante o período non lectivo de Semana Santa na asociación de veciños de Negros, na asociación deportivo cultural Miñoteria en Ventosela, no centro cultural de Vilar de infesta e nos Multiúsos de Chapela e Redondela. Concretamente os días previstos son o luns, martes e mércores 10, 11 e 12  e o luns 17 de abril.Poderán participar rapaces que teñan cumpridos 4 anos no momento da convocatoria e ate os 14 anos de idade e cuxo pai ou nai leven como mínimo un ano empadroados en Redondela.Para poder participar é preciso presentar no Rexistro Xeral do Concello en Redondela ou Chapela a ficha de solicitude de participación, que se pode descargar da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM).O prazo de inscrición vai dende o venres 31 de marzo e remata o vindeiro xoves 6 de abril. A listaxe de admitidas/os será publicada o venres 7 de abril na páxina web do Concello e nas oficinas do Centro de información ás Mulleres. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará