Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Libres con cargos os dous detidos polo asalto á oficina de correos de Chapela

RR_Noticias

O Xulgado de Redondela deixou en liberdade aos dous mozos detidos o pasado venres logo de atracar supostamente a oficina de Correos de Chapela de onde se terían levado 400 euros. Os implicados quedaron libres pero imputados por un delito de roubo con intimidación á espera de que evolucionen as investigación xa que a causa podería quedar arquivada ou dar lugar a un xuizo.

Os mozos foron detidos horas despois de que se producira un asalto á oficina de Correos en Chapela o venres ás 14:30 horas no que os atracadores, que levaban os rostro cubertos por cascos de motorista, accederon ao interior da oficina e ameazaron á empregada do mostrador cun coitelos e outro obxecto que posiblemente fora unha arma de fogo. O botín do asalto ascendeu a 400 euros. Foi pola tarde cando os axentes da Policía arrestaron aos dous sospeitosos.
Este é o segundo atraco que se produce nos últimos meses nesa oficina situada no camiño de Oliveira en Chapela. En decembro do ano pasado tamén dous individuos co mesmo modus operandi accederon ao interior do local levándose naquela ocasión 12.000 euros.
Os investigados por este último atraco poderían ser tamén os autores doutro roubo que se producía o pasado día 17 nunha sucursal de Correos en Teis.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará