Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A finca do Castelo de Soutomaior será zona libre de eucaliptos

RR_Noticias

A Deputación talará as 333 árbores desta especie por seren “unha lacra para a natureza”. Así o explicou a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, quen anunciou que a retirada dos eucaliptos iniciarase esta mesma semana no caso de que o tempo o permita. A empresa Díaz y Buceta S.L. será a encargada da tala logo de ofrecer un importe de 34,24€ por tonelada de madeira.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva asegurou que esta especie invasora “é una lacra para a natureza da nosa provincia ao ser unha especie invasora que esquilma o chan e supoñen un perigo medioambiental” e sinalou que “esta actuación é unha mostra de como entende esta nova Deputación o coidado do noso patrimonio medioambiental”.
Na finca do castelo de Soutomaior atópanse neste momento máis de 300 pezas de eucalipto, unhas 333, que “non soamente impedían gozar das vistas que permiten a localización privilexiada deste espazo, senón que ademais supoñen un grave perigo medioambiental”, asegurou Carmela Silva. A presidenta sinalou que “proceder ao alleamento desta especie, que é sen dúbida unha lacra para a nosa natureza, vai ser moi beneficioso para todas e todos nós” e que “non ten sentido que a finca de Soutomaior estea repleta de eucaliptos, acabando coa calidade non so estética senón tamén do seu solo”.
A partir do momento en que comecen os traballos, a empresa terá un período de dúas semanas para proceder á retirada de todas as árbores. A empresa aproveitará todas as pezas de 7 centímetros ou máis de diámetro e as pezas de menor tamaño serán dedicadas á elaboración de compostaxe. A empresa adxudicataria é Díaz y Buceta, S. L., que ofreceu un importe de 34,24 € por tonelada de madeira.
Deste xeito, a Deputación de Pontevedra asegura a fin da presenza dunha especie invasora, non protexida, que esquilma o chan, que compite excesivamente cos demais elementos da natureza cos que convive tanto en luz como en auga e nutrientes do solo e que, ademais, polas características combustíbeis da súa casca e das súas follas supón un grave risco en caso de incendio xa que provoca unha aceleración da propagación do lume.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará