Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contratará a 27 persoas dentro do Plan da Deputación

RR_Noticias

O Concello de Redondela contratará durante o mes de maio a un total de 27 persoas para cubrir diferentes postos entres os que se atopan o de barrendeiro, conserxe, ordenanza, administrativos, ferreiro, electricista ou albanel. A selección do persoal levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, entre as persoas desempregadas anotadas nas oficinas do INEM. Os candidatos optarán a un contrato de 8 meses ou 6 meses de duración a xornada completa.

En total a Deputación achegará a Redondela dentro do Plan Concellos un total de 1.160.108 euros que supón un 4% máis que o achegado durante o anos pasado. O Concello destaca que volve apostar polo emprego ao facer uso desta liña de financiamento do ente provincial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará