Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

III Carreira e andaina popular “Montes da Ermida”

RR_Noticias

A carreira por montes de Pazos de Borbén ten un percorrido de 19 km a través dos montes de Ermida, Moscoso, Aranza e Calvos mentres a camiñada será de 11 km. A proba disputarase este domingo, 19 de marzo e está organizada pola Asociación Deportiva CAR de Redondela. As inscricións pódense realizar na páxina www.championchipnorte.com ata o día 16 e o prezo é de 3 euros para a camiñada e de 6 euros para a proba de Trail.

A saída da carreira está prevista para as 10:30 da mañá, media hora antes para a camiñada. A proba sairá e chegará das inmediacións da Casa Escola da Ermida, onde a continuación se entregarán os premios aos vencedores e realizarase unha pequena reunión postcarrera con petiscos e agasallos para todos os participantes.
A idea xorde do veciño Martin Harris, un inglés afincado na parroquia de Ermida desde hai máis de 30 anos. Coñecedor e amante dos montes despois de anos percorréndoos a pé, realizo a súa proposta aos membros da Asociación Deportiva Car de Redondela, que aceptaron de inmediato. A idea foi crecendo a medida que se solicitaban apoios, e o que comezou sendo pouco máis que unha quedada de amigos, converteuse nun evento deportivo que contará con 100 corredores e máis de 150 camiñantes na súa primeira edición.
O percorrido forma un circulo polos montes de Ermida, Moscoso, Aranza e Calvos, ata completar 19 km cun desnivel positivo acumulado de 500 metros na proba de trail e de 300 metros de desnivel na camiñada. Para Martin Harris, a carreira “non é máis que unha oportunidade de gozar da natureza, o deporte e as relacións entre as persoas cunha xornada festiva”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará