Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido resiste en Redondela e comarca

RR_Noticias

O enterro do Berete en Chapela, as Madamas e Galáns de Cabeiros, festas infantís e bailes nocturnos en Cedeira e Cesantes forman parte do programa do Entroido que se resiste a morrer en Redondela. Tamén Soutomaior celebra o domingo o desfile de Entroido coa participación de 18 comparsas. Fornelos pola súa banda organiza esta tarde unha festa de carnaval, con comparsas e concurso de disfraces.

CHAPELA Unha das actividades máis salientables da fin de semana terá lugar en Chapela, parroquia que vivirá o sábado o enterro do berete, cun desfile que partirá ás sete da tarde dende o Alto da Encarnación e que se espera, se o tempo o permite, que sexa o máis multitudinario dos últimos anos xa que hai confirmada a presenza de 16 comparsas. A comitiva percorrerá a Avenida de Vigo en dirección a Praia de Arealonga, lugar no que terá lugar a queima do berete ao redor das nove da noite.   CABEIRO Cabeiro celebra o Entroido máis tradicional con Madamas e Galáns Unha tradición que se remonta a décadas atrás e que tería a súa orixe, segundo explica o secretario do Centro Cultural, Amante Romero, na rivalidade existente entre dúas tabernas da parroquia  que no Entroido competían por ter as mellores actuacións e os mellores danzantes. Dende hai sete anos a directiva do centro traballa en recuperar esta tradición, motivo polo que organiza o sábado un festival que inclúe un desfile de Madamas e Galáns a partir das 17:30 horas polo centro da parroquia. Ás 19:30 organizan tamén o tradicional baile de disfraces co dúo Sensación e o sorteo de cestas con produtos típicos da época.   CEDEIRA O Centro cultural de Cedeira celebra o sábado 4 a partir das 17:00 horas un baile infantil de Entroido para os máis pequenos con agasallos para os mellores disfraces.   CESANTES O centro cultural desta parroquia celebra tamén un festival de Entroido para nenos o sábado 4 a partir das 17:00 horas e un baile de adultos que arrancará ás dez da noite.   FORNELOS O Concello de Fornelos de Montes celebra hoxe venres o día grande do Entroido co desfile de comparsas, a partir das 17.00 horas, na Praza do Concello. Tamén inclúe un concurso se disfraces con premios en metálico nas categorías de individual, parellas e grupos, ademais de agasallos e sorpresas para todos os nenos que acudan disfrazados. En total repartiranse 630 euros en premios entre todos os concursantes. A festa estará amenizada pola charanga Charandonga e rematará cunha verbena coas orquestras La Noche e Prisma.   SOUTOMAIOR O Concello  de Soutomaior celebra este domingo día 5 a partir das 17,00 horas en Arcade  o seu Desfile de Comparsas coa participación dun total de 18 agrupación que partirán da avenida Xosé Solla, pasando por Rosalía de Castro e terminando na Alameda Talo Río onde haberá unha festa con orquestra ata o dez da noite. O tráfico estará pechado nesas rúas dende as catro da tarde. Entre as participantes estarán as locais da Asociación Cultural Miudos, Asociación Cultural Moreira a lume de biqueira e As Marchosas de Arcade. Dentro das demais comparsas figuran , entre outra, as que virán desde Pontesampaio,Poio, Marín, Redondela,  Mos, Salceda, etc. O número máximo de fantasías participantes no desfile era de 15,  pero ante a entrada de moitas solicitudes de participación no desfile ampliouse a 18.  

Enterro do berete
Angela Antón edil de festas
Madamas e galáns
Amado Romero fálanos da actividade que se vai desenvolver en Cabeiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará