As entradas para este concerto, enmarcado dentro do programa da Rede de Músicas Soltas están xa a venda no Multiúsos a un prezo de 7 euros público en xeral, 5 euros entrada reducida para menores, desempregados e xubilados. A banda gaditana, que actuará o domingo 5 ás 21:00 horas, presentará o seu último traballo: “Algarabya”.
Terceira cita coa Rede de Músicas Soltas de Redondela, desta volta con La banda morisca un proxecto que nace da experimentación, innovación e investigación nas tradicións andaluzas. A recuperación do patrimonio literario e musical da antiga al-Andalus e da franxa mediterránea é a peza clave na consolidación deste proxecto.
A formación e a traxectoria dos seus componentes, así como as ganas de seguir innovando e a súa creatividade compoñen unha identidade artística única no terreo da música folque e de raíz.
La Banda Morisca está afincada en Cádiz, onde levan cinco anos e dous traballos discográficos. O que nos veñen presentar a Redondela é o último deles: “Algarabya”.
O programa da Rede de Músicas Soltas está organizado pola Central Folque en colaboración coa Concellería de Cultura