Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós denunciará ante a Xunta os “erros” cometidos polo Concello na rotulación toponímica

RR_Noticias

Cualifican de “chapuza” as medidas que se lle anunciaron dende o goberno local “xa que na vez de corrixir os erros naquelas sinais nas que o topónimo non é o axeitado, pretende poñer dúas placas, unha na que se mantén o nome errado e outra co topónimo real”. Critican tamén os erros “que novamente están a cometer estes días na nova rotulación que se está colocando na parroquia de Cedeira”. Ante esta situación anuncian que presentarán unha queixa-denuncia ante a Comisión de Toponimia da Xunta e ante a Real Academia Galega.

Aseguran estar fartos de reclamar ante o goberno local “nos últimos seis anos” tanto de palabra como por escrito que se respectase o patrimonio toponímico do concello. Sen embargo “despois seis anos falando dos erros e chafalladas feitas coa toponimia de Redondela (erros e chafalladas das que teñen sido informados por expertos na materia) seguen maltratando este patrimonio tan valioso e identitario”. Neste sentido apuntan que “estes días están colocando novos sinais viais na parroquia de Cedeira omitíndose os nomes dos núcleos de poboación e os nomes dos barrios. Unha nova “chafallada” ao seu entender que se engade ao anuncio de que non se van corrixir os rótulos que estean errados. Na vez diso explica Andrés Laxe, o obxectivo do goberno local é facer que convivan dúas sinais, unha co nome errado e outra co topónimo real”. Aseguran que esa foi a proposta que lles fixo chegar a actual concelleira de Cultura, Teresa París, quen argumentou esa medida “para evitar incomodidades aos veciños”. Ante todos isto Alén Nós presentará unha queixa-denuncia ante a Xunta de Galicia, ante a Comisión de Toponimia da Xunta e ante a Real Academia Galega.  

Andrés Laxe Alén Nós
Cualifican de chapuza as actuacións toponímicas realizadas e os proxectos pendente
Confusión e nomes cambiados
Anúlanse nucleos de poboación e non se distinguen rúas de avenidas de carreiros…
Guillermo Fontán Alén Nós
A explicación que se lles da é que se queren evitar incomodidades aos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará