Hoxe é Martes 5 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Compromiso político para garantir a permanencia da oficina de Correos en Chapela

RR_Noticias

Todos os grupos da corporación apoiaron a proposta dos nacionalistas que busca garantir o mantemento do servizo de Correos nesta parroquia ante a negativa da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos a trasladarse de edificio, malia que está previsto derrubar o inmoble que actualmente ocupan co obxectivo de ampliar a estrada do Torreiro. Por este motivo, o BNG solicita “que non se derrube o edifico ata que non se presente unha alternativa que asegure o futuro do servizo”.  

Explican os nacionalistas que o motivo de levar esta moción ao pleno débese “a preocupación veciñal ante a posíbel perda deste servizo de carácter público”. Considera que se deben poñer todos os recursos necesarios para que a oficina de Chapela manteña a súa operatividade tendo en conta ademais que presta servizo a arredor de 10.000 persoas, veciños de Chapela e Trasmañó. Para o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, a Sociedade Pública Estatal, pretende aproveitar a escusa da ampliación para eliminar este servizo. Por iso propoñen o mantemento do actual edificio, ante a posibilidade de que o servizo peche e lembran tamén que diferentes entidades veciñais poden verse afectadas co derrubamento do edificio, ao ter alí a súa sede tanto a Asociación de Veciños, a Comunidade de Montes como a Asociación de Afectados pola Ampliación da AP9. A proposta foi apoiada por todos os grupos presentes na corporación. Dende AER defenderon a moción lembrando que Correos leva nas actuais oficinas máis de 20 anos completamente de balde e que a súa permanencia na parroquia non pode depender deque o concello pague un aluguer noutro local. Eduardo Reguera, dende o PSOE, criticou a “falta de xestión do PP, que logo de seis anos no goberno e un ano despois de que comezaran as obras de ampliación da AP-9 aínda non teñan atopado unha solución que garanta a permanencia de correos en Chapela” O PP apoiou tamén a moción dos nacionalistas aínda que puntualizando que “o derrube do edificio era unha petición dos propios veciños da zona para mellorar a estrada do torreiro pero non unha consecuencia directa da ampliación da AP-9”. Engadía Arturo González que dende o goberno si se levan feito numerosas xestións para facilitar a permanencia de Correos na parroquia, xestións que chocaron en todo momento coa negativa da empresa a pagar un aluguer alegando que o servizo é deficitario.  

Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas piden explicación de que vai pasar con correos
Raquel Quintáns edil non adscrita
Apoia unha demanda xusta
Bernardo Crespo "Campa" AER
AER pide que o manter correos non supoña ningún investimento por parte do concello
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas critican a falta de xestión do goberno
Arturo González PP
Os populares apoiaron tamén a moción

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará