Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres novas rutas de sendeirismo animan ao público familiar a visitar o Castelo de Soutomaior

RR_Noticias

A ruta das camelias, a ruta da fraga e a ruta dos viñedos son os tres traxectos que abranguen preto de 5 kilómetros de percorrido e que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera presentou no Castelo de Soutomaior. Tres novas rutas de sendeirismo creadas ao abeiro do Plan de Usos do edificio, un plan que suporá un investimento de preto de 4 millóns de € nos próximos dous anos, dos cales neste ano a institución provincial achegará 600.000 € para, entre outras cuestións, a musealización do Castelo.

Carmela Silva manifestou que o obxectivo da Deputación de Pontevedra é o de “converter ó Castelo de Soutomaior nun referente turístico na provincia dirixido ó público familiar e por iso estamos a poñer en marcha actuacións como as tres novas rutas de sendeirismo e outras moitas ligadas ao enoturismo, á camelia e á cultura, reeditando as visitas teatralizadas pero impulsando novas actividades como obras de teatro ou tardes de cinema ao aire libre”.
A denominada ruta das camelias ten 900 metros de distancia e discorre “arredor do castelo, comezando na escalinata de acceso ao parque e bordeando as edificacións do Castelo a carón das que se sitúan exemplares de camelias do século XIX e árbores singulares de Galicia como a sequoia, o falso ciprés de Lawson, un cedro xaponés e unha araucaria chilena”.
Xunto á “ruta das camelias”, a institución provincial puxo tamén en marcha dúas rutas circulares denominadas “ruta da Fraga” e “ruta dos viñedos”. A primeira delas ten un percorrido de 2,1 quilómetros que atravesan dende un pequeno regato ata lugares como a capela de San Caetano, a cadeira da Raíña e bosques de castiñeiros e carballos. A segunda delas, cunha distancia de 1,9 quilómetros, permite ás persoas interesadas visitar as 3,5 hectáreas de viñedos Rías Baixas que existen – tal e como manifestou Carmela Silva – no parque do castelo.
Ao respecto destas actuacións, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, agradeceu a “lealdade institucional sincera da Deputación de Pontevedra que está a permitir poñer en valor o recinto do Castelo de Soutomaior” e amosou a súa “colaboración con todo o que ten que ver coa promoción turística deste recinto”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará