Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre as “verdades e mentiras do cáncer” a cargo do doutor Rodríguez Berrocal

RR_Noticias

O Centro Sociocomunitario de Redondela acolle hoxe xoves ás 19:30 horas unha charla na que se abordarán diferentes cuestións sobre a enfermidade e na que o investigador e doutor Rodríguez Berrocal falará de diferentes aspectos relacionados co apoio, a investigación e a prevención do cancro coa finalidade de informar e concienciar aos asistentes. O acto estará presentado polo presidente do Instituto de Cultura, Ciencia e tecnoloxía, José Luis Vázquez.

O ponente será o Dr. Rodríguez Berrocal, Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular e director do Departamento de Bioquímica Xenética e Inmunolóxica da Universidade de Vigo.
Esta iniciativa enmárcase nas actividades que desenvolve o Instituto de Cultura, Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) para promover a investigación no ámbito das ciencias da saúde, entre outros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará