Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aproba o PXOM que ordenará o urbanismo na próxima década

RR_Noticias

A maioría absoluta coa que conta o PP en Soutomaior permitiulle ao goberno sacar adiante o Plan Xeral de Ordenación Municipal que estará en vixencia ara o 2027. O alcalde Agustín Reguera amosou a súa satisfacción logo de aprobarse o primeiro PXOM da historia deste Concello  o que cualificou de “gran avance para Soutomaior por tratarse dun documento básico para o desenvolvemento de calquera Concello”. Dende o BNG critican o documento pro consideran que “condena a Soutomaior a ser unha vila dormitorio, sen expectativas e sen futuro”.

O horizonte de validez deste plan está marcado no ano 2027, cando as previsións outorgan a Soutomaior unha poboación aproximada de 9758 habitantes. Neste sentido, e en consonancia co constante aumento poboacional do municipio, a PXOM contempla a ampliación de diversas zonas residenciais, de servizos e de recreo.
Segundo as estimacións do IGE, o número de vivendas construídas no municipio hoxe en día ascende aproximadamente a 3600, mentres que a capacidade residencial da novo PXOM estímase en 4757, un 32% máis das actualmente construídas. Con respecto ás zonas verdes, o novo plan contempla unha ampliación de case o 20% con respecto á superficie total dispoñible na actualidade.
O PXOM aprobouse no transcurso dun tenso pleno no que os nacionalistas criticaron “a falta de transparencia do goberno en todo o proceso iniciado no 2013 cunha polémica aprobación inicial”. Malia insistir os populares en que os veciños poideron participar a través das alegacións “máis de tres anos despois, ningunha das 527 alegacións presentadas foi respondida”.
Criticaron tamén os nacionalistas que o pleno se convocase á unha do mediodía e cualificaron o PXOM como unha condena que converte o concello nunha vila dormitorio, sen expectativas e sen futuro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará