Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Fundación Telefónica recoñece os innovadores proxectos desenvolvidos polo Colexio Laredo

RR_Noticias

Proxectos como Esencia Laredo, que buscan que os rapaces aprendan a desenvolverse no ámbito empresarial coa creación e posta en marcha da súa propia empresa con marcado carácter solidario, ou iniciativas como “pensa en verde” vencelladas ao medio ambiente, son algúns dos proxectos que lles mereceron a este pequeno colexio de Chapela ser recoñecido con este “premio” que lles permitirá aplicar a metodoloxía de elBulli á educación para transformar o xeito de ensinar e aprender a través da creatividade e a innovación.

Un recoñecemento que foi acollido con moita satisfacción entre o equipo directivo e o profesorado do centro, segundo confesaba o seu director Abraham Dominguez. A súa selección xunto con outros 20 centros de toda España para participar das escolas creativas de Ferran Adriá suporá que o equipo pedagóxico de Fundación Telefónica e Ferran Adrià sigan de preto e de xeito personalizado o centro, someténdose a auditorías creativas e contando con materiais didácticos e unha plataforma web de traballo. Tamén gozará de encontro con profesionais de diversas disciplinas e charlas con Adriá que poderían ter lugar xa nas vindeiras semanas. Todos isto permitirá crear sinerxias entre os distintos centros seleccionados “poderemos traballar conxuntamente de xeito que coñezamos outras experiencias e poder así enriquecernos”.  

Abraham Domínguez Colexio Laredo
Un recoñecemento a un traballo creativo e innovador
Proxectos solidarios empresariais e medio ambientais
Esencia Laredou ou Pensa en verde entre outros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará