Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitorias para o balonmán redondelán

RR_Noticias

Rodosa Chapela e SAR Plastic Omnium selaron a xornada con vitoria sobre Rasoeiro e Cañiza, respectivamente. Na División de Honra Prata Feminina o Cíes Chapela colleitou unha dura derrota ante o Tejina, mentres que o encontro do Rodavigo SAR ante o Camargo quedou aprazado.

Primeira Nacional

Rodosa Chapela 37-30 Rasoeiro
Os de Fran Teixiera non deron ningunha opción ao Calmear Rasoeiro, que sempre foi detrás no marcador. Pablo Martínez e Pablo Vidal foron protagonistas da victoria dos de Chapela, ao sumar 18 goles. O Chapela mantén a cuarta praza, e na próxima xornada visita a pista do líder, o Xiria.
SAR Plastic Omnium 28-21 Cañiza
Os de Carlos Rey volveron atoparse coa vitoria este ano, fixérono en Redondela ante o Saeplast Cañiza. Logo dun primeiro cuarto de hora de igualdade, os redondeláns foron aos pouocos poñéndose por diante e chegaron ao descanso cun marcador de 13-11. Xa na segunda metade foron ampliando a marxe. Desde a décima praza do grupo a SAR desprázase a próxima xornada para visitar a pista do pechacancelas, o Granitos.
División de Honra Prata Feminina

Cíes Chapela 15-24 TenerifeTejina
As de Lupo seguen no pozo da táboa, as canarias pasáronlle por riba en Chapela. Aguantaron os primeiros corenta minutos, cunha lixeira vantaxe para as visitantes, pero na recta final do encontro a fenda fíxose cada vez maior.
SAR – Camargo: aprazado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará