Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia deficiencias e falta de mantemento na piscina de Chapela

RR_Noticias

Inodoros que se atopan nun estado de hixiene lamentable, mofo nos gardarroupas, luces fundidas e humidades nas paredes son algúns dos problemas que presenta o Centro de Deportes Acuáticos de Chapela. Unha situación que segundo denuncia a Agrupación de Electores débese “á falta de supervisión por parte do goberno local”.

AER explica que malia que o persoal de limpeza atópase con asiduidade nas instalacións “o desgaste e a mala calidade dos inodoros fai que presenten un estado de insalubridade patente”. Unha flata de mantemento que tamén se observa “nos gardarroupas, moitos deles con cheiro a mofo, a presenza de luces fundidas que levan tempo sen cambiarse, así como diversas humidades nas paredes que non se arranxan”.
Unha situación que se debe a que a empresa concesionaria non estaría a cumprir coa súa obriga de levar a cabo un “correcto mantemento e proporcionar un servizo de calidade, sen tan sequera destinar uns mínimos recursos a cambiar as tapas dos inodoros, repoñer lámpadas ou instalar uns gardarroupas novos”. Responsables desta situación serían tamén, ao entender de AER, o goberno local por non ter un control sobre a empresa concesionaria e propor incluso a súa renovación, rexeitada no pleno pola oposición, malia estas deficiencias.
Dende AER demandan que o goberno local solucione de inmediato esta situación de insalubridade que teñen que sufrir os usuarios do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará