Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de vitorias e derrotas no balonmán local

RR_Noticias

Na Primeira Nacinoal o Rodosa Chapela impúxose ao Granitos mentres a SAR Plastic Omnium perdía ante o Porriño. Na Honra Prata Feminina a SAR Rodavigo gañou ante o Valladolid mentres o Cíes Chapela perdía na súa visita a Palencia.

Primeira Nacional
Granitos 21-32 Rodosa Chapela
Os de Fran Teixeira comezaron a segunda volta como visitante na pista do Granitos co cartel de favorito. Desde o comezo demostrarona súa superioridade, pero foi xa na segunda parte cando o Rodosa Chapela abriu unha fenda no marcador. Desde xeito mantén a cuarta praza, que defenderá o sábado en Chapela ante o modesto Rasoeiro do Grove.
Porriño 26-20 SAR Plastic Omnium
A SAR comezou a segunda volta na pista do Porriño, un dos grandes, que se mostrou superior na súa cancha. O sábado reciben ao Cañiza, catro puntos por riba dos de Carlos Rey.
División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 32-26 Valladolid
A SAR Rodavigo mantense entre os equipos fortes do grupo logo de impoñerse en Redondela ao Valladolid. Desde a quinta praza preparan o encontro da próxima xornada. Volven xogar como locais para recibir ao pechacancelas, o Camargo.
Palencia 28-23 Cíes Chapela
O Chapela viaxaba con seis baixas a Palencia, o que lle pasou factura. As de Lupo non foron quen de seguir o ritmo das anfitrioas, malia que logo do descanso fixeron un parcial de 0-6. Pero non foi suficiente para compensar a ofensiva que o Palencia impuxo na primeira metade. A derrota déixaas no pozo da táboa. Esta fin de semana recibirán en Chapela ao Tejina, cuarto clasificado do grupo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará