Hoxe é Luns 4 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xa á venda as entradas para o concerto de Juan Perro en Redondela

RR_Noticias

Santiago Auserón presenta no auditorio da Xunqueira “El Viaje”, sétimo album de Juan Perro gravado co único acompañamento da súa guitarra acústica. As entradas pódense adquirir dende hoxe mércores no Multiúsos a un prezo de 15€ anticipada (20€ o propio día da actuación) ou reservar no teléfono 986 40 28 65. Un concerto enmarcado dentro do ciclo da Rede de Músicas Soltas no que se inclúen tamén as actuación nos vindeiros meses de Primordiais, La Banda Morisca e Sonia Lebedynski.

Un ano máis a vila dos viadutos énchese de música no inverno co ciclo da Rede de Músicas Soltas. Este ano serán catro concertos: de xaneiro a abril. Catro meses nos que o Auditorio da Xunqueira de Redondela acollerá catro artistas galegos e de fóra de Galiza que virán presentar os seus novísimos traballos discográficos: Juan Perro, Primordiais, La banda morisca e Sonia Lebedynski. Unha cuarta edición dun ciclo que busca “dar a coñecer outros xeitos de facer música de calidade saíndo dos circuítos comerciais” segundo destacou a concelleira de cultura, Teresa París. O ciclo arrinca este domingo día 15 de xaneiro coa actuación de Juan Perro quen presenta o seu sétimo disco “El viaje” gravado co único acompañamento da súa guitarra acústica. No novo repertorio de Juan Perro, a herdanza afro-norteamericana (o blues, o R&B, o rock, o soul, os estándares jazzísticos) intégrase coa tradición afrolatina -principalmente cubana- e coas músicas de Iberia. O sábado 18 de febreiro seguen Primordiais, dúo de arpa, voz e percusión formado por Luis Martíns e Marcelo DoBode, dous primos que, desde Soutomaior nos traen as súas “musicas de OrTa”. Eles veñen presentar o seu disco “Drogueria Moderna” e, ademais do concerto no Auditorio, farán tamén presentacións aos escolares da vila para que os máis novos coñezan de perto estas músicas tan próximas e, se cadra, tan descoñecidas para eles. La banda morisca é o grupo que estará no mes de marzo, o domingo 5. Un proxecto que nace da experimentación, innovación e investigación nas tradicións andaluzas. La Banda Morisca está afincada en Cádiz, onde levan cinco anos e dous traballos discográficos. O que nos veñen presentar a Redondela é o último deles: “Algarabya”. E a artista que fecha as Músicas Soltas 2017 é Sonia Lebedynski, presentado disco o 8 de  abril “Deserto de centos”, un disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- que é resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo súa traxectoria musical e vital: trad, folc, funk, pop, música brasileira… Os concertos teñen un prezo de 7 € / 5 € reducida agás o de Juan Perro cuxas entradas venderanse a 20€ na billeteira e 15€ anticipada). As entradas pódense adquirir no Auditorio da Xunqueira 30 minutos antes de cada concerto e reservar no teléfono 986 40 28 65.  

Teresa París edil de cultura
Música de calidade na IV edición do ciclo
Olga Nogueira Cetral Folque
A produtora de Santiago elabora un cartes atractivo aproveitando tamén as xiras de artistas foráneos
Juan Perro primeira actuación
o alter ego de Santiago Auserón está este domingo en Redondela
Presenza feminina
Sonia Lebedynski
Marcelo DoBode Primordiais
Protagonizan a actuación de febreiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará