Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota do Choco, que cae a postos de descenso

RR_Noticias

Malia unha boa primeira parte, na que os de Marcos Montes se puxeron por diante no marcador, o Choco acabou perdendo en Vilagarcía. Os redondeláns desinfláronse ao final. Chegaron ao dencanso con empate o o Arousa deulle a volta ao partido na segunda metade.

Terceira División
Arousa 3-2 Choco
Abriron o marcador os locais, 1-0 materializado por Sylla. Até ese momento, o Arousa creaba máis e chegaba mellor, sobre todo grazas aos pases por dentro e as conexións con Julio Rey. Os de Redondela presionarion, e o perigo empezou a chegar á portaría de Roberto Pazos. Un xenial Aitor Díaz foi capaz de desviar un remate de Silva. O xogador do Choco volveu avisar cun disparo desde fóra da área que toca en Óscar e obriga a Pazos a sacar con apuros o balón. E sen tempo para reporse do susto, un pase atrás de Rivas supuxo unha perfecta asistencia para Silva que levou o balón dividido a Pazos e o rebote caeu a pés de Comis, que marcou a porta baleira tras anticiparse ao porteiro. Só dous minutos despois unha falta de entendemento entre Aitor Díaz e Suso derivou nun despexe que, tras rebotar nun compañeiro, transformouse nun pase ao oco para que Silva fixese o 1-2 tras driblar a Pazos. Pouco antes do descanso chegou o empate, obra de Manu Justo. Na segunda metade cambiou o xogo e os de Jorge Otero foron absolutos dominadores do encontro. O Choco sufriu para conter a ofensiva local. No minuto 78 chegou o 3-2, obra de Pablo Rivas. A derrota deixa ao Choco en postos de descenso. Na próxima xornada recibe ao pechacancelas, o Ordes.
Segunda Autonómica

Xinzo 2-2 Choco
O filial redondelán acadou un empate no campo do Xinzo, o que lle permite manter a segunda praza do grupo. Na próxima xornada comezan a segunda volta. Farano como visitantes, no cmapo do Tyde, da metade da táboa.
Arcade 0-0 Zacande
Empate sen goles en Arcade, que deixa ao Arcade na metade baixa da táboa. Na próxima xornada terán un encontro difícil, xa que visitan o campo do Unión Dena, terceiro clasificado.
Terceira Autonómica
O grupo 14 regresa á competición a próxima fin de semana, cando arranca a segunda volta. Faino co derbi local Chapela-Atl. Vilar. Chegan ao encontro en situación ben diferente. Os de Chapela son segundos, os de Vilar están afundidos na metade baixa da táboa. O Peña Beretes, pechacancelas, comeza a segunda volta no campo do Alcabre, penúltimo.
O grupo 12 tamén regresa á competición o domingo día 15. O Cesantes, que é 4º, recibirá ao Bueu, 5º clasificado a un punto dos redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará