Hoxe é Xoves 20 de Xuño de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Decembro deixa o peor dato do paro en Redondela ao sumar 111 parados máis

RR_Noticias

Os datos do paro no remate do 2016 déixannos unha da cal e outra de area. Malia que a baixada interanual supón 165 parados menos que no inicio do pasado ano, o mes de decembro supuxo un incremento notable no número de persoas en situación de busca de emprego, con 111 novos inscritos en Redondela, sendo o maior incremento producido ao longo de todo o ano.

Así, no peche do mes de decembro eran 2.265 as persoas anotadas nas listas do paro.
Incremento en toda a comarca, con 27 parados máis en Soutomaior ata un total de 723, doce novos inscritos en Pazos de Borbén con 367 persoas desempregadas e variación mínima en Fornelos de Montes, onde son 193 os desempregados, un máis que no mes anterior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará