Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medran as críticas contra Javier Bas por non asistir ás convocatorias da Área Metropolitana

RR_Noticias

AER acusa ao alcalde de “antepoñer os intereses do PP aos intereses de Redondela na área metropolitana” en relación a súa ausencia na primeira xunta de goberno da área celebrada a pasada semana. Unhas críticas que chegan días despois de que o BNG presentara unha moción na que instan ao Pleno a reprobar a Bas pola súa actuación na constitución do entre supramunicipal cando, xunto co resto dos representantes populares, abandonou  a reunión.

AER acusa a Bas de incumprir “a súa propia palabra e o acordo plenario do pleno extraordinario do 12 xaneiro de 2016, no que a corporación decidiu que o alcalde defendería os acordos que se adopten ao respecto de cada tema por parte do Pleno do Concello.  Na xunta de voceiros onde o alcalde transmitiu a súa intención de non acudir a esta xunta de goberno e tal e como recolle a Agrupación de Electores, “todos os grupos políticos de Redondela mostraron a súa oposición a esta decisión”.
Unhas críticas que se suman ás xa manifestadas dende o BNG quen días atrás presentaron unha moción solicitando ao pleno a reprobación do alcalde por “abandonar a Asemblea Constituínte da área Metropolitana, en contra dos intereses dos redondeláns”. Os nacionalistas sinalaban que na devandita asemblea “o total de representantes do PP, co alcalde de Redondela, Javier Bas á fronte, decidiron abandonar o plenario”, unha decisión que para o BNG “vai en contra da responsabilidade que como rexedor lle outorgaron os redondeláns” xa que o alcalde “decantouse polos intereses da súa organización política” no canto dos intereses colectivos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará