Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de lingua e cultura galegas

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística organiza un Curso de lingua e cultura galegas para persoas adultas, que se desenvolverá dende o 9 de xaneiro ao 28 de febreiro. Está destinado a persoas maiores de idade que estean interesadas en achegarse á lingua e á cultura galegas, persoas non escolarizadas en galego na súa etapa formativa ou procedentes de fóra de Galicia que vivan no concello de Redondela. O prazo de inscrición remata o 20 de decembro.

O curso desenvolverase na Casa da Cultura de Redondela e constará de 30 horas lectivas, repartidas en tres sesións semanais (luns, mércores e xoves, de 11:00 a 12:30 h), e será maiormente práctico, cuns mínimos contidos teóricos. O obxectivo é que as persoas asistentes se acheguen á lingua e cultura galegas a partir da oralidade, do traballo en equipo e da realización conxunta de actividades.
Esta actividade formativa e de socialización en lingua galega permite participar a persoas non habituadas a escribir ou falar en galego, que descoñecen a nosa lingua ou que queren mellorar a súa competencia lingüística. Ao mesmo tempo, promove o coñecemento da cultura e a historia de Galicia, das súas principais manifestacións, e da historia, a toponimia e as manifestacións culturais máis importantes de Redondela.
O obxectivo desta actividade formativa é facilitar a integración na sociedade galega e redondelá a persoas procedentes de fóra, promover o intercambio cultural e lingüístico, e contribuír a mellorar a competencia lingüística da veciñanza redondelá.
A inscrición é de balde e debe formalizarse entre o 1 e o 20 de decembro no Servizo de Normalización Lingüística (multiúsos da Xunqueira, oficina 4 – baixo), ou a través do correo electrónico normalizacion@redondela.es ou do teléfono 986 400 106.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará