Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A pista de xeo na Alameda abrirá o domingo con entradas anticipadas a 3,5€ no comercio local

RR_Noticias

“Facer que a xente de Redondela quede en Redondela” é o obxectivo primordial dunha actividade que por primeira vez vai funcionar no noso concello e que permitirá a grandes e pequenos experimentar a sensación de patinar sobre o xeo. A entrada terá un custe de 5,5 euros na propia pista,  pero haberá a posibilidade de retirala nalgún dos comercios da Asociación de Empresarios a un prezo especial de 3,5 euros. A pista, que se instalará na Alameda e estará en funcionamento durante un mes, contará con servizos complementarios de gardería e cafetería.

A pista de xeo estará plenamente operativa a partir deste domingo día 18 e durante un mes os que o desexen poderán achegarse as instalacións en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 24:00 horas, ampliándose ese horario ata as dúas da madrugada os venres e sábados. A concelleira de eventos Angela Antón, explica que se elixiu a Alameda para a súa ubicación por tratarse do sitio máis accesible, e que se buscaron presos económicos, 5,50 no caso de retirar a entrada na pista e 3,50 no caso de adquirila nos comercios asociados, co obxecto de atraer a posibles visitantes pero sobre todo para “facer que a xente de Redondela quede en Redondela”. Unha actividade para todos os público que busca completar a programación de Nadal e que contará tamén con servizos complementario como gardería para os máis pequenos e servizo de cafetería. A pista terá unha capacidade máxima de 75 persoas e é a única da provincia instalada no casco urbano. Un recinto de 400 metros cadrados, cunha pista de 220 que permitirá tamén aos máis pequenos iniciarse na patinaxe sobre o xeo. Unha actividade organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Empresarios, quen confía ne que sirva de atractivo turístico para atraer a un maior número de persoas ao casco urbano e evite que os consumidores se despracen a outras localidades. Enrique Lago insiste na idea de que a Asociación “colabora e seguirá colaborando en todas aquelas iniciativas que buscan unha maior dinamización e que supón un beneficio para o comercio e a hostalaría local”.  

Angela Antón Concelleira de eventos
Unha actividade que busca dinamizar o centro da vila
Teresa París edil de Cultura
Servizos complementarios
Enrique Lago Asociación de empresarios
A colaboración do comercio e a hostalaría é importante nesta iniciativa
Características técnicas
Unha pista de 220 metros cadrados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará