Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tatán regresa co seu “Chapeu” e ofrece un concerto no Aquelarre

RR_Noticias

Titiriteiro, actor e músico Eduardo Rodríguez Cunha máis coñecido como Tatán, regresa a súa casa para ofrecer este sábado un concerto no pub Aquelarre a partir das 23:00h. Doce cancións e doce historias recollidas no disco Chapeu nas que con voz rota vai facendo un percorrido por estilos diversos: o jazz, blues, swing ou mesmo habaneiras.

Unha andaina musical que arrancou nos anos 90 con Eigualdeixa, e que prolongou co proxecto infantil María Fumaça e con CoraSons, espazo no que coincidiu con Pablo Vidal, quen forma parte indispensable deste traballo do mesmo xeito que Uxia, madriña do disco. Xunto a eles moitas outras colaboracións como Carlos Blanco, Chus Domínguez, Ana Domínguez, Blanca Francés, Felipe Castro, Noli Torres ou o tamén redondelán Alberto Vilas quen estará este sábado no concerto “íntimo” que ofrecerá no local Aquelarre.  

Tatán músico e actor
Ofrece un novo concerto este sábado no Aquelarre

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará