Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os vellos non deben namorarse pecha o Outonoteatro

RR_Noticias

A programación do Outonoteatro 2016, organizada pola Concellaría de Cultura, pecha este sábado coa función de Teatro do Morcego “Os vellos non deben de namorarse”. Unha obra chea de humor baixo a dirección de Celso Parada que se poderá ver este sábado ás 20:00 horas no Multiúsos con entradas xa a venda a 5 € para público xeral, e a 3 € para estudantes, persoas desempregadas e xubiladas, e menores de 18 anos.

Nesta ocasión a representación conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, que está a celebrar o “Ano Castelao 2016”, no que conmemora tres efemérides relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea de “Os vellos non deben de namorarse”, e o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica a este autor. Nesta función, a compañía Teatro do Morcego preséntanos unha farsa que trata dos amores de tres vellos imprudentes: D. Saturio, D. Ramón e o señor Fuco; que teñen a desgraza de poñer os seus ollos en tres mozas novas: Lela, Micaela e Pimpinela. Como consecuencia desa imprudencia, os tres rematan morrendo: D. Saturio, envelenado cun solimán da propia botica; D. Ramón, que por un bico morre deitado no esterco; e o vinculeiro señor Fuco, que remata por casar coa namorada e morrendo de felicidade. Un amplo elenco de actores entres os que destacan os redondeláns, Miguel Borines, Andrés GIraldez e Eduardo Rodríguez Cunha Tatán”.  

Tatán actor
Unha obra cumio do teatro galego
Un obra cargada de humor
Celso Parada dirixe a un amplo elenco de actores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará