Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga busca dar un paso cara á permanencia ante o Mariñamansa Ourense

RR_Noticias

O equipo de fútbol sala de Chapela non están a atopar o seu lugar esta temporada, con resultados irregulares nos encontros que levan disputados na Liga Galega Sur. Este domingo xogan na pista do Ourense Mariñamansa, un dos rivais directos pola permanencia. O Redondela xoga co Alonso Serodio Mos e o Campito recibe ao Sporting Manzaneda.

Liga Galega Sur Ourense Mariñamansa – Arealonga As numerosas baixas que acumulan ao longo da competición, sobre todo nos partidos como visitantes, están a lastrar os resultados do equipo de Chapela. Con todo, a directiva valora os bos resultados que colleitan “cando o equipo está ao completo”, tal como apunta Iván Vázquez, presidente do club e xogador. Logo do empata da pasada xornada ante o Abetos Gondomar, ocupan a 13ª praza da táboa, e preparan a súa próxima cita contra o penúltimo da categoría. O domingo visitan o campo do Ourense Mariñamansa, que será un dos seus rivais pola permanencia. Vázquez Figueroa non se fía, advirte que deben sair con total concentración, xa que de gañar darían “un importante paso pola permanencia”. O partido será no Colexio Miraflores ás 11.30 horas. Alonso Serodio Mos – Redondela Os de Manuel Otero, na novena praza, xogan no campo do Alonso Serodio de Mos, da metade baixa da táboa. A cita será mañá sábado no pavillón Óscar Pereiro de Mos ás 18.00 horas. Campito – Sporting Manzaneda Os de Chapela, na décima praza, reciben ao Sporting Manzaneda, que está a facer unha boa temporada na metade alta da táboa. O partido será mañá sábado ás 16.30 no Pavillón Municipal de Chapela.  

Iván Vázquez presidente do club
Vázquez sinala que as numerosas baixas nos compromisos de liga leváronos a obter resultados moi irregulares.
Mariñamansa – Arealonga
Partido contra un dos rivais directos pola permanencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará