Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Bibliotecas de Redondela convidan aos seus usuarios a elixir O Mellor Libro do Ano 2016

RR_Noticias

Os lectores votarán, nas urnas situadas para a ocasión na Biblioteca Municipal de Redondela e na Axencia Municipal de Lectura de Chapela,  polo seu libro preferido dentro da  produción editorial deste ano: libros que se publicaron de xaneiro a decembro de 2016, en calquera lingua e dentro de calquera xénero literario.  A consulta, que comezou o día 1 de decembro, pecharase o 9 de xaneiro de 2017 ás 20.00 horas.

Entre os participantes, tanto infantís como adultos de cada biblioteca, farase o sorteo dun exemplar do libro que teña recibido máis votos, O  único requisito para participar é ser socio das bibliotecas.
O resultado darase a coñecer o 13 de xaneiro a través das redes sociais e do blog das bibliotecas e doutros medios de comunicación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará