Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama no multiusos de Arcade unha AP-9 galega e libre de peaxes

RR_Noticias

O BNG de Soutomaior organizou un acto no mulitusos de Arcade para demandar a transferencia a Galicia da AP-9 e a eliminación dunhas peaxes que supoñen “un gasto importantísimo para a nosa veciñanza e un atranco para o desenvolvemento económico de Galicia”.

No acto participaron o voceiro municipal do BNG Manu Lourenzo e a deputada provincial Eva Vilaverde que sinalou que a AP-9 está máis que amortizada. De feito xa o estaba cando o partido popular decidiu renovar a concesión en tempos de Aznar. Esta operación de especulación fai que hoxe a AP-9 supoña a peaxes máis cara do estado. “Non pode ser que os galegos sexamos os que temos os salarios máis baixos do estado pero os que temos as peaxes máis altas”.
Durante o acto, Eva vilaverde criticou tamén a actitude do Partido Popular por dicir unha cousa e facer outra. “En Santiago, antes das eleccións estaban de acordo con esta proposta, pero ao pasar as eleccións, os deputados galegos chegaron a Madrid e votaron en contra dunha AP-9 sen peaxes. É curioso que eses mesmos deputados galegos que non queren que se devolva a AP-9 aos galegos si queiran que se recaten as radiais madrileñas”.
Pola súa banda, o voceiro municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que os veciños de Soutomaior son un dos grandes perxudicados por esta estafa da AP-9. “Por unha banda temos que soportar estas peaxes abusivas na nosa vida diaria. Unhas peaxes qeu supoñen un gasto importantísimo para tantos veciños que teñen que ir a Vigo, Santiago etc. E pola outra temos que soportar unha nacional 550 absolutamente saturada que atravesa o noso concello, cos problemas para os veciños e o comercio que iso trae consigo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará