Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo mantén o liderado ao impoñerse con autoridade no derbi ao Rodosa Chapela

RR_Noticias

As de “Chini” seguen no máis alto da táboa logo de faacerse co derbi local nun partido no que foron moi superiores ás anfitrioas. Na Primeira Nacional Masculina o Rodosa Chapela impúxose ao Octavio, mentres que a SAR Plastic Omnium asinou un empate co Luceros.

Honra Prata Feminino
Rodosa Chapela 14-29 SAR Rodavigo
As de Chini manteñen o liderado logo de impoñerse con autoridade no derbi ante o Chapela, o que deixa ás de Lupo no pozo da táboa. Na próxima xornada a SAR ten un complicado encontro, xa que recibe en Redondela ás segundas do grupo, o Ansa Oviedo. O Rodosa SAR, que é 12º, xoga en Vigo ante o Seis do Nadal. As de Coia están na 9ª posición do grupo.
Balonmán Primeira Nacional
SAR Plastic Omnium 26-26 Luceros
Ao Sar Plastic Omnium escapóuselle a vitoria onte fronte ao Bm. Luceros. Tras un partido ben xogado onde chegaron a dispor de cinco goles de vantaxe, aos poucos o seu rival foi reducindo a diferenza até empatar no minuto cincuenta. O partidol seguiu igualado e Héctor fallou o tiro do triunfo no último suspiro. A próxima xornada xogan na pista do Embutidos Lalinense.
Rodosa Chapela 33-25 Octavio
Tras moitos minutos cun marcador moi igualado o Rodosa Bm. Chapela a falta de dez minutos para o final conseguiu abrir unha brecha importante no marcador e levar a vitoria. O próximos encontro será Acanor Novás- Rodosa Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará