Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esnaquizan a pasarela de madeira dos petróglifos de Chan da Cruz en Monte Penide

RR_Noticias

Tan só tres días estivo en pé a pasarela de madeira construída pola empresa Citania Arqueoloxía S.L. no Monte Penide co obxecto de que os visitantes puideran visitar os restos arqueolóxicos na zona de Chan de Cruz sen necesidade de camiñar sobre os gravados. A pasarela foi arrancada antes da súa inauguración este venres, día no que se celebrará unha andaina nocturna guiada polo arqueólogo Xurxo Constela. O concello reparará os danos.

O goberno local encargou a construción desta pasarela a empresa A Citania co obxecto de protexer os petróglifos nos conxuntos arqueolóxicos de Chan da Cruz e Poza da Lagoa. A actuación, enmarcada dentro do proxecto Monte Penide Prehitórico, consistiu na instalación de pasarelas de madeira que buscan a posta en valor dos xacementos, a súa mellor accesibilidade e, sobre todo, evitar que os visitantes camiñen sobre os gravados e que as motos e bicis se despracen por enriba dos mesmos, unha das causas principais do deterioro deste conxunto. Tan só tres días despois de que rematasen os traballos, producíronse os primeiros actos vandálicos. O arqueólogo Xurxo Constela explica que a desfeita afecta tan só a un tramo de catro metros que da acceso aos petróglifos de Chan da Cruz. Engade que a reparación é posible “contamos que estea finalizada para a andaina do venres” e amosa a súa incomprensión ante unha acción que carece de explicación algunha. “Ante o vandalismo e aínda que a primeira reacción é o desalento, temos que repoñernos e seguir traballando ata lograr que se recoñeza o valor dun xacemento que é único en toda Europa e que hai que conservar”.   Dende a empresa fan un chamamento a toda aquela persoa que poida achegar algún datos sobre o avistamento dalgún vehículo na zona nas noites pasadas para que se poñan en contacto coa policía e a garda civil para colaborar na investigación que se está a levar a cabo co obxecto de dar cos autores desta desfeita. Con todo, Constela lembra que os danos estarán reparados o venres, data na que se celebra a VI edición da andaina nocturna a estes petróglifos e que permitirá coñecer os novos gravados atopados no transcurso da obra. Son en total sete novos motivos moi desgastados que difíciles de distinguir e que se aprecian moito mellor durante a noite. Un motivo máis para achegarse a esta actividade que organiza o Centro Cultural San Vicente de Trasmañó, a Asociación Cultural Alén Nós, a Asociación Deportivo Cultural de Rande, e a empresa A Citania.  

Xurxo Constela arqueólogo
Explica a desfeita en Monte Penide
Poñer en valor
Unha actuación que busca facilitar o acceso do visitante e protexer os restos arqueolóxicos
VI Andaina nocturna
Celebrarase o venres 9 ás 21:00 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará