Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria contundente do Campito no derbi co Redondela FS

RR_Noticias

Un partido marcado polas baixas en ambas bancadas e que deixou un resultado de 7-2 a favor do Campito, equipo que dende o inicio amosou unha dura presión que non deu opción ao Redondela. O Arealonga sufría unha dura derrota ante as Neves, nun encontro que remataba co resultado de 11-2.

O derbi disputado esta fin de semana en Chapela e que enfrontaba ao Campito e o Redondela chegaba xa ao descanso cun resultado a favor dos locais de 3-0. Unha distancia que continuaría agrandándose  no inicio da segunda parte con outro gol do Campito que deixaba afundidos aos de Manuel Otero. Outros tres goles deixaban o partido sentenciado malia que os redondeláns si lograban recortar ese resultado ata en dúas ocasións ata chegar ao definitivo 7-2.  O Redondela sitúase agora na novena praza da categoría e reciben na vindeira semana ao terceiro, A Quinta de Tui.
Na décima praza está  o Campito que na próxima fin de semana xoga no campo do Cereixa Gondomar, quinto na táboa.
Por último o Arealonga sufría unha dura derrota na súa visita ao campo das Neves nun encontro que remataba cun 11-2 no marcador. Un mal resultado que relega ao Arealonga os postos baixos da categoría, son decimo cuartos. Na vindeira cita reciben ao Abetos Gondomar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará