Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco sae do pozo

RR_Noticias

O triunfo no campo do Dubra supón un balón de osíxeno para os redondeláns, acumulan dúas vitorias consecutivas e saen dos postos de descenso. Tamén o filial se impuxo ao Nigrán na Segunda Autómica, mentres que na Terceira Autonómica o Chapela foi o único dos equipos locais que sumou os tres puntos.

Terceira División
Dubra 3-4 Choco
O axustado marcador non fai xustiza ao vivido no Val do Dubra, onde os redondeláns foron moi superiores. Nun partido entre dous rivais directos pola permanencia, os de Marcos Montes demostraron a súa calidade e case sentenciaron o partido nos 17 primeiros minutos con tres goles, dous de Óscar e un de Róber. Os minutos posteriores foron de dominio total do Choco até a metade da primeira parte. Pouco antes do descanso o Dubra meteuse de cheo no partido ao aproveitar unha xogada trabada na área coa que Gonzalo superaba Cortegoso. Tras o descanso recortaron un gol de distancia no marcador por medio de Adrián Vázquez. O 2-3 levou nerviosismo ao locais, que se precipitaron, o que lle permitiu aos de Marcos Montes manter un maior control. Xa co Choco como dominador, o Dubra quedou en inferioridade numérica pola expulsión de Cholo. No tempo engadido, Róber culminou un contragolpe e sentenciou para os redondeláns co 2-4. O gol de Eloy, xa en tempo de desconto, só serviu para maquillar o resultado nun partido no que o Choco foi xusto vencedor. Con este triunfo, os redondeláns saen dos postos de descenso cun punto de vantaxe sobre o Castro. Con todo, aínda están en perigo polos posibles arrastres dos equipos galegos de Segunda División B. A próxima fin de semana o equipo de Marcos Montes recibe no campo de Santa Mariña ao Compostela, situado no ecuador da táboa.
Segunda Autonómica

Choco B 3-2 Nigrán
O filial impúxose nun partido entre dous rivais poderosos que xa se agardaba igualado. Adiantouse o Choco con gol de Eloy na primeira parte, pero nada máis reanudarse o encontro Samu aumentaba a marxe e no último minuto do tempo regulamentario Uriel sentenciaba co 3-0. Pero aos redondeláns tocoulles sufrir non tempo de desconto. O Nigrán foise arriba con todo e anotou dous goles obra de Abraham e Pedro en catro minutos. E a piques estiveron de empatar. O Choco sufriu, pero mantivo a vitoria. O Choco é 3º, e o domingo xogan no campo do Tebra, da metade baixa da táboa.
Arcade 0-2 A Lama
O Arcade baixa posicións na táboa logo da derrota ante a Lama, que agora os supera na clasificación. E a próxima xornada teñen unha saída difícil, xa que visitan o campo do S. Adrián, situado na cuarta praza.
Terceira Autonómica

Pereiró 0-5 Chapela
O Chapela impúxose no Monte da Mina ao Pereiró nun encontro no que os redondeláns foron moi superiores. Os de Chapela están agora a un punto dos equipos que comparten o liderado, Vincios e Teis. Precisamente o Teis será o rival dos redondeláns a próxima xornada en Chapela.
Peña Beretes 1-2 Casablanca
Os dous equipos chegaban moi necesitados de puntos ao encontro, e os visitantes levaron a vitoria. O Casablanca púxose por diante no marcador, e malia que o Beretes Chapela reaccionou na segunda parte, xa non foi quen de conseguir a igualada. O Peña Beretes segue no pozo da táboa, e o domingo xoga no campo do Nespereira.
At. Vilar 0-3 Vincios
Os redondeláns non puideron co líder, que foi superior no encontro disputado cos de Vilar, que se afunde na metade baixa da táboa. A próxima fin de semana xogarán no campo do Casablanca, ao que adiantan en tres puntos.
Cerponzóns 0-0 Cesantes
O Cesantes perdeu o liderado ao non pasar do empate ante o Cerponzóns. Agora é terceiro, e prepárase para recibir ao Cotobade, da metade baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará